Fecha:
03/07/2015
Supuxo unha regalía recibir un exemplar deste volume hai poucos días -e agradezo especialmente a xenerosidade á persoa responsable desta decisión- pois que un selo editorial do percorrido admirable como é o Fondo de Cultura Ecónómica teña a ben acoller no seu catálogo unha edición bilingüe galego-castelán da poesía galega contemporánea é unha extraordinaria noticia.
A persoa que se responsabiliza de prologar, seleccionar e traducir os textos ao castelán é Miriam Reyes: poeta de orixe ourensá de quen coñecía -en moi limitada medida- parte da súa traxectoria poética. Sexa como for considero esta antoloxía un relevante paso adiante no que atinxe á promoción e difusión da nosa poesía contemporánea de termos en conta a proxección que pode acadar, mais non só pois á marxe de que cada lectora, cada lector, poida apreciar -supoño que inevitable e subxectivamente- a ausencia dalgunha voz, o certo é que o labor de escolma de quince poetas baixo o criterio de que nacesen a partir de 1950 e que tivesen, cando menos, máis de dous libros publicados até o momento, admite ben pouca discusión: as traxectorias e as composicións antologadas de Pepe Cáccamo, Chus Pato, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Lois Pereiro, Antón Lopo, Xela Arias -oxalá este sábado poidamos celebrar o que sería unha alegría-, Ana Romaní, Manuel Outeiriño, Xabier Cordal, Olga Novo, María do Cebreiro, Yolanda Castaño, Olalla Cociña e Daniel Salgado testemuñan de seu as razóns da súa inclusión.
Non quixera deixar a ocasión para subliñar a pertinencia dun limiar preciso e moi ben documentado que ha resultar de interese, ao meu xuízo, tanto para as persoas que coñecemos ou nos resulta familiar o devalar da poesía galega de hoxe como para aquelas que se achegan por vez primeira a ela. Co bo pulso contextualízase a produción lírica desde o ano setenta e seis até o presente realizando logo unha revisión que vai ao substantivo dos grupos poéticos e publicacións colectivas deste período, que repara no auxe das voces femininas neste concerto -significativamente as mulleres constitúen case a metade das antologadas neste volume-, analiza a multiplicación de espazos onde está presente a poesía con novos formatos, escenas e espazos e apunta a existencia das diferentes antoloxías que se publicaron nos últimos anos para, ao final, articular unha presentación sintética, mais debedora de lecturas e interpretacións moi atinadas, de cada unha das voces escolmadas.
No libro sinálase que quere ser, máis unha carta de presentación, “unha oportunidade de pracer e aprendizaxe”. Non dubido que así é e, particularmente, deséxolle a mellor das sortes posibles, isto é, que se lea, que se comente e espalle.
https://cadernodacritica.wordpress.com/2015/07/02/unha-escolma-da-poesia-galega-de-hoxe-punto-de-ebullicion-de-miriam-reyes/
read
click all women cheat
how do i know if my girlfriend cheated on me
sunpeaksresort.com i think my girlfriend cheated on me
how to terminate an early pregnancy at home
link abortion clinics rochester ny
free cialis coupon 2016
codesamples.in copay cards for prescription drugs
buscopan hund
link buscopan ampullen
abortion pill is wrong
ismp.org side effects of abortion pill
medical abortion pill
andreinfo how to have an abortion pill
nootropil 800 g
nootropil nootropil piracetam
ldn thyroid
site where to buy naltrexone